Gran éxito da Arroutada en Cervo

Actuación de Clan Maragato
Cervo acolleu onte ás 22.00 h. o festival Arroutada na praza dos Campos. O evento comezou coa actuación do Clan Maragato, de San Ciprián, que ofreceu numerosos temas de folk fusión, seguidos de GLS, tamén de San Ciprián, con repertorio funky e soul. Ambos teñen actuado en varias edicións da Arroutada. A continuación actuou Mi perro Vincent, de Vilalba, co seu punk rock, e pechou o grupo de power pop Postergel, tamén vilalbés.











