Gómez Noya disputará a penúltima proba da Copa do Mundo de Tríatlon esta fin de semana en Estocolmo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+

> O galego terá que competir cos irmáns Brownlee polo triunfo.

> Xunto ao ferrolán estará tamén Óscar Vicente.

Javier Gómez Noya enfronta o domingo 25 de agosto (15:30 horas) a cita de Estocolmo, penúltima proba das Series Mundiais do 2013, coa ilusión do lograr o segundo triunfo e consolidar así o liderado provisional no Campionato do Mundo. Claro que será unha tarefa complexa, xa que en Estocolmo estarán os irmáns Brownlee que necesitan rematar esta proba nunha boa posición para seguir con opcións ao título mundial.

A cita é importante para todos. Os irmáns Brownlee teñen dous triunfos, pero están obrigados a participar nas últimas dúas probas sen cometer erros, xa que non poden descartar ningún resultado ao disputar so as xustas. Mentres, Javi Gómez Noya so logrou un primeiro posto, pero a favor o galego ten a participación en moitas máis probas. Javi estivo adestrando duramente xunto ao atleta galego Alejandro Fernández a carreira a pe durante estas últimas semanas, e espera ver resultados xa na proba de Estocolmo.

Ademais, temos que destacar a presenza de Óscar Vicente na proba, unha oportunidade moi boa para o galego para enfrontarse aos mellores triatletas do mundo. A ausencia máis destacada é a de Mario Mola (segundo na clasificación mundial) por problemas musculares.

23 de agosto de 2013 | 15:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.