Galicia acada a súa primeira medalla nos Xogos Mundiais Máster de Torino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Primeira medalla galega nos Xogos Mundiais Máster

Primeira medalla galega nos Xogos Mundiais Máster

Comezaron os Xogos Mundiais Máster, que se están a celebrar en Torino, coa consecución dunha medalla de bronce para a representante galega Bárbara González.

No primeiro día celebrouse a competición de técnica coa participación de tres deportistas galegos (Miguel Cortegoso, Bárbara González Sanromán e Cristóbal Boudjenane). A representante galega na proba feminina, Bárbara González, acadou a medalla de bronce, mentres que Cortegoso e Boudjenane quedaron fóra dos postos de honra. Mañá celebrarase a modalidade de combate onde Galicia confía en poder acadar máis medallas.

A selección galega está formada polos deportistas Jesús Couso, Cristóbal Boudjenane, María Pilar Suárez, Salvador Banga, Mercé Barrientos, José Luis Moreira, Miguel Cortegoso e Bárbara Rosina González Sanromán, mentres que como técnico viaxa Teresa Lima. Entre os participantes hai deportistas dun moi alto nivel competitivo e tamén destaca a presenza da presidenta da Federación, Mercé Barrientos, que volve aos tapices.

Nesta gran festa do deporte para persoas maiores de trinta anos, con 30 disciplinas, participan un total de 18.000 deportistas. A competición de taekwondo celébrase os días 8 e 9 de agosto, nas modalidades de técnica e combate coa presenza dun equipo da Federación Galega de Taekwondo.

8 de agosto de 2013 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.