Francisco Mourelo despedirá aos participantes na 1ª Ruta de Autocaravanas
O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, asiste mañá, sábado 3 de agosto, ás 9.00 horas, á despedida dos participantes na 1ª Ruta de Autocaravanas Yakart Camino de Santiago que partirá da Torre de Hércules.
Máis de 150 persoas pasarán esta noite na cidade para comezar mañá unha viaxe que lles levará, ata o 11 de agosto, por Ortigueira, Pedrafita, Triacastela, Pas de Rei, Cambados, Illa de Arousa e Santiago de Compostela, onde finalizará a súa viaxe. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer esta forma de realizar turismo.











