Fomento da reciclaxe con colectores “futbolísticos” con motivo do Trofeo Teresa Herrera

Colector con forma de balón de fútbol
A Concellaría de Medio da Coruña, en colaboración con Ecovidrio, quere fomentar o correcto depósito do vidro e favorecer a súa reciclaxe no exterior de recintos deportivos de masiva afluencia. Coincidindo co Trofeo Teresa Herrera, dende onte catro xigantescos balóns de fútbol locen nas inmediacións e principais entradas do estadio de Riazor. Son colectores de vidro, cun sistema de baleirado idéntico aos tradicionais, doados pola entidade Ecovidrio para favorecer a reciclaxe deste material.
A Coruña é a primeira das sete cidades galegas que implanta este sistema co que se pretende favorecer e fomentar o hábito da reciclaxe deste material, aproveitando a imposibilidade de que en recintos deportivos poidan introducirse botellas e botellos deste material. Ecovidrio doará tamén novos colectores en forma de iglú tradicionais que servirán, fundamentalmente, para poder ir repoñendo colectores deteriorados e mellorar a imaxe nos espazos públicos.











