Finalizan as probas do II Circuito Leader Ribeira Sacra de carreiras populares 2013

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

Coa celebración o pasado 3 de Agosto da II Carreira Popular concello de O Saviñao, finalizaron as probas deportivas incluídas no II CIRCUITO LEADER RIBEIRA SACRA DE CARREIRAS POPULARES 2013, e no que José Manuel Teijeiro Vila de Lugo, do Clube Atletismo Monumental de Lugo, e LUISA GONZÁLEZ SOMOZA de Bóveda, resultaron os vencedores absolutos da clasificación final do Circuíto Leader.

Cara finais de ano (comunicarase coa suficiente antelación), o GDR Ribeira Sacra ten previsto organizar un acto para proceder a entrega individualizada dos premios e agasallos desta segunda edición

– Por unha banda os tres primeiros clasificados do circuíto na categoría masculina e feminina, como vencedores absolutos da Segunda Edición do Circuíto Leader Ribeira Sacra 2013 recibiran trofeos e diverso material deportivo especialmente deseñado.

– Premios para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías establecidas no Circuíto

– Por outra banda, todos aqueles corredores inscritos no circuíto que participaran en seis das oito probas que se celebraron, entregáraselles unha camiseta técnica conmemorativa desta segunda edición.

– Agasallo para os corredores que participaron nas oito probas do Circuíto da edición 2013.

Dende o GDR considerase que o circuíto estase a consolidar como o acredita o feito de que o número final de participantes se mantén.

O Circuíto en cifras:

– 1.764 corredores foi o número final de participantes nesta primeira edición do “II Circuito Leader Ribeira Sacra de Carreiras populares 2013” (1796 participantes na edición 2012)

– 413 participantes pertencen a algún concello dos que forman parte do GDR Ribeira Sacra, o que representa o 23,41 % (435 participantes, o 24,22 % na edición do 2012)

– 1.351 participantes foron de fora do territorio do GDR Ribeira Sacra o que representa o 76,59 % (1.361 participantes, o 75,78 % na edición do 2012)

PARTICIPANTES PROBAS ABSOLUTAS

Atendendo ao número de corredores participantes de fora do territorio do GDR Ribeira Sacra, A Ferreirúa (Pobra do Brollón) co 86,36 %, Quiroga (77,40 %), Sober (76,74 %). A continuación Saviñao (76,47 %), Monforte (74,47 %), Bóveda (74,34 %), Pantón (69,82 % ) e o Ribas do Sil (66,23 %).

17 corredores na categoría masculina e 4 na categoría feminina completaron a totalidade do circuíto. 4 corredores teñen participado na totalidade das probas organizadas nas dúas edicións do Circuito Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares (2012-2013). 333 corredores inscritos no Circuito

7 de agosto de 2013 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.