Fin de semana deportivo en Cabanas

Podium de Santa Marta
Cunha gran afluencia de público rematou un fin de semana no que o protagonismo indiscutible no Concello de Cabanas foi para o deporte. Durante sábado e domingo déronse cita unha gran cantidade de eventos para o gusto de todos.
O primeiro dos eventos deportivos tivo lugar nas pistas de pádel do Concello de Cabanas na Área Recreativa da Veiga. Alí celebrouse a segunda edición do Torneo de Pádel Santa Marta con partidos disputados durante a xornada do venres e o sábado. A parella vencedora en categoría masculina foi a formada por Juan Mata e Fernando Pazos que se impuxeron a José Manuel Montero e José Miguel Piñeiro. En categoría mixta os vencedores foron Almudena Prego e José Martínez, segundo subcampións Marina Asensio e Fernando Pazos.
O sábado o areal da Madalena tamén supuxo un punto de atención. Alí celebrouse a quinta edición do Torneo de Balonmán Praia da Cabanas no que participaron un total de nove equipos adultos, un deles feminino e dos equipos de nenos, xuntándose un total de 111 participantes. Neste Torneo de Balonmán hay que agradecer por parte do Concello a colaboración de Lidl que se encargou do avituallamento da proba. O equipo vencedor desta edición foi o Tirso de Molina que superou na final ó Restaurante Casa Toñita. O galardón correspondente ó mellor xogador recaeu en Fran Olivé, do Tirso de Molina
Xa para rematar este fin de semana deportivo, na xornada matinal do domingo e no inmellorable contorno do Piñeiral da Madalena tivo lugar o XXIV Cross Popular, que un ano máis contou cun gran número de participantes de todas as categorías de idade, chegando á cifra de cincocentos corredores. Neste evento colaboraron co Concello de Cabanas tanto Coca-Cola como Gadis. O vencedor absoluto na categoría masculina foi Juan Pena Holguín, mentras que en categoría feminina a gañadora foi Paula Mayobre González. Na celebración da proba e na posterior entrega de premios participou a Delegada Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo.











