Festas na honra ao Santísimo na parroquia de Iñás, en Oleiros
A parroquia de Iñás, no Concello de Oleiros, celebra esta fin de semana os festexos na honra ao Santísimo. Os actos festivos darán comezo o venres 30 de agosto con hinchables gratis para os rapaces e unha gran sardiñada. A verbena correrá a cargo da orquestra Trova.
O sábado 31 de agosto terá lugar unha gran churrascada e sesión vermú e verbena a cargo da orquestra Puerto Rico. Na xornada dominical, o 1 de setembro, oficiarase unha misa solemne ás 13.00 h. seguida da sesión vermú coa orquestra Puerto Rico.











