Festas en Doade o sábado 17 e domingo 18

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coas festas na honra da Nosa Señora que terán lugar esta fin de semana, o sábado 17 e o domingo 18, en Doade. Ambos os días haberá misa con procesión ás 13:00 horas.

O sábado 17 a partir das 21:00 horas haberá unha pancetada de balde no campo da igrexa e noite de festa co DJ Rhyko Defunk e o DJ Chavián.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, invita a todos os veciños e veciñas e a todos os que estes días visitan a localidade ou se queiran achegar a participar na celebración.

16 de agosto de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.