Festas de San Vitorio nas Penas en Arxemil
O Concello de Sober colabora coas festas de San Vitorio nas Penas, Arxemil, que terán lugar desde o venres e ata o domingo 25. O venres haberá unha pancetada gratuíta a partir das 21:00 horas e baile co Grupo Atrévete. Ás 00:00 horas haberá unha sesión de fogos de artificio.
O sábado 24 e o domingo 25 haberá misa con procesión, sesión vermú e baile de tarde-noite. O primeiro dos días amenizará o baile a Orquestra D’Momento e o domingo 25 o Dúo Azúcar.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, invita a todos os veciños e veciñas e a todos os que estes días visitan a localidade ou se queiran achegar a participar na celebración.











