Festa acuática nas piscinas de Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSober
A-
A+

O Concello de Sober celebra o mércores 14 de agosto nas piscinas municipais unha Festa Acuática con inchables que será de balde para todos os socios e socias. O evento dará comezo a partir das 13:30 horas e ata as 21:00 horas.

Prezo da entrada para os que non sexan usuarios

A entrada infantil (de 6 a 14 anos) terá un custo de 1,50 euros, mentres que a entrada para maiores de 14 anos será de 2,50 euros. Os menores de seis anos poderán acceder de balde.

6 de agosto de 2013 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.