Ferrol incrementa a tres os equipos de operarios do servizo de sinalización e pintado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo de sinalización viaria do Concello de Ferrol, encomendado ao grupo Tragsa, incorpora este mes un equipo máis de operarios, o que permitirá intensificar as tarefas de pintado e sinalización no municipio. Así as cousas, hai nestes momentos tres brigadas de traballadores ocupándose destas tarefas que serven tanto para mellorar a seguridade viaria como a imaxe da cidade. Cada un destes equipos de traballo está formado por tres persoas e dotado cun vehículo todoterreo con remolque ou furgón para o transporte de pinturas, ademais de pequena maquinaria e ferramenta.

No que atinxe ao traballo realizado por este novo servizo municipal de sinalización e pintado, posto en marcha ao abeiro do Plan de Barrios do Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela, cómpre salientar que no período comprendido entre o 30 de xullo e o 7 de agosto pasados pintaron e sinalizaron un total de 5.217,4 metros lineais de viarios nos barrios de Catabois, Canido, A Magdalena, San Xoán e o Ensanche. A esta superficie hai que engadir outros 151,4 metros cadrados de cuadrículas amarelas de prohibido estacionar e outros 166,81 metros cadrados de cebreados.  Así mesmo, sinalizáronse  17 pasos de peóns; 8 paradas de autobús e 10 prazas de aparcamento para minusválidos. En canto á colocación de sinais verticais puxéronse 7 unidades de prohibido aparcar, 1 de paso de cebra e outras 2 de stop e triangulares de perigo.

En concreto, a localización dos traballos foi a seguinte:

– Catabois: Avenida da Residencia; e estradas de Pazos e San Pedro.

– Canido: Rúas Poeta Pérez Parallé e Santos.

– A Magdalena: Cantón de Molíns; e as rúas Lugo, Magdalena, Concepción Arenal, Coruña Carme, Doutor Fleming, María e Igrexa.

– San Xoán: Rúas Cabo Prior, Río Xubia, Mestre García Niebla, Rosalía de Castro, Cadaval, Río Mandeo e Enxeñeiro Comerma.

– Ensanche: Rúas Sánchez Calviño, Paraguai e Venezuela.

A semana que ven, a previsión dos traballos apuntan a que o servizo municipal de sinalización do Concello de Ferrol continuará coas intervencións nos barrios de Canido, A Magdalena, Ensanche e Esteiro.

10 de agosto de 2013 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.