Ferrol acollerá a primeira xornada de innovación e Smart Cities o 12 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Rey Varela durante a presentación

Rey Varela durante a presentación

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presentou esta mañá a Xornada de Innovación e Smart Cities Ferrol 2013 “Aplicacións e solucións para a cidade do futuro”. O primeiro edil estivo acompañado pola concelleira de Novas Tecnoloxías, Martina Aneiros Barros; o enxeñeiro I+D+I, Manuel Ameijeiras; e o xerente do Grupo Austen, Felipe Sas.

Na súa intervención, o rexedor municipal agradeceu o traballo dos organizadores “xa que é moi adecuado falar de Smart Cities hoxe en día”.  Rey Varela destacou que este novo modelo de xestión urbana supón un cerebro organizativo que permite mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Ademais, sinalou que a xornada “pode ser un xerme para iniciar unha colaboración de futuro para a implementación de actuacións”. Pola súa banda, o representante do Grupo Austen, subliñou algunhas das vantaxes que ten a súa aplicación no día a día dunha cidade e citou a modo de exemplo aquelas urbes que contan con indicadores de zonas de parking gratuíto, das vías de entrada con menos tráfico ou mesmo a regulación punto a punto do alumeado da cidade.

As xornadas

Así as cousas, Ferrol acollerá o próximo 12 de setembro a primeira Xornada sobre Innovación e Smart Cities “Aplicacións e Solucións para a Cidade do Futuro”. Un foro de debate en torno a novo modelo de xestión urbana promovido polo Concello de Ferrol e organizado por Grupo Austen, empresa da comarca especializada na implementación de solucións tecnolóxicas para as cidades intelixentes. Dende as 10 horas, expertos de multinacionais punteiras no sector como Schneider Electric, Libelium ou Vodafone, así como de firmas locais como Troposfera e ol propio Grupo Austen darán a coñecer, no Centro Sociocultural Novacaixagalicia, os últimos avances tecnolóxicos desenvolvidos ata a data para lograr cidades máis habitables, funcionais, enerxéticamente eficientes, saudables e participativas para o cidadán. O alcalde ferrolán e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey Varela, será o encargado de inaugurar a cita ás 10:30 horas e o acceso é libre. Coa I Xornada sobre Innovación e Smart Cities “Aplicacións e Solucións para a Cidade do Futuro” se pretende ofrecer un enfoque multidisciplinar sobre o camiño iniciado en España para dotar as cidades e municipios da tecnoloxía que permitirá un desenvolvemento sostible dos servizos ao cidadán e, para elo, en ponencias de 20 minutos de duración se abordarán soluciones para smart cities no campo do alumeado público, a recollida selectiva de RSU, parking intelixente, sistemas de calidade do aire e da auga; tecnoloxía M2M, comunicacións distribuidas; control medioambiental ou eficiencia enerxética.

Na xornada participarán empresas cunha longa traxectoria e implantación mundial, que permitirán ofrecer unha visión global sobre as smart cities, e firmas da comarca que apostaron pola diversificación das súas áreas de negocio dando entrada á innovación. O 12 de setembro, unhas e outras pretenden converter a Ferrol na capital do debate sobre as cidades do futuro.

A continuación, achégase unha breve reseña das firmas que participarán como ponentes na Xornada.

–  Grupo Austen é constituído no ano 2003 co propósito de unificar varias empresas baixo unha mesma dirección e poder mellorar os seus servizos e potenciar a súa acción. As súas principais áreas de actividade son: Instalacións Eléctricas Navais e Industriais, Suministros Industriais e Telecomunicacións. Grupo Austen I+D desenvolve Solucións para a implementación de Redes Sensoriais Inalámbricas (WSN) baseadas en protocolos de comunicacións IEEE 802.15.4 e ZigBee, que permite ofrecer solucións para unha ampla gama de aplicacións en Smart Cities, Medio Ambiente, Procesos industriais, Viticultura, Acuicultura e Controis Estruturais. As redes de sensores inalámbricos ofrecen un gran abano de posibilidades na supervisión e control industrial, tantas como sensores se encontren no mercado. Dentro da súa oferta Tecnolóxica tamén desenvolve proxectos para IOT (Internet of Things), Tecnoloxía RFID e NFC.

–  Schneider Electric puxo en marcha o programa ¨EcoXpert¨ con obxectivo de crear unha rede de partners cualificados en España para desenvolver e impulsar a prescrición e a venta de instalacións con solucións Schneider Electric facendo especial énfase na Eficiencia Enerxética e as Enerxías Renovables. Trátase dun programa innovador que a compañía está implementando noutros países e co que se aliña cos seus partners e clientes para contribuír a maximizar a súa capacidade de xeración de negocio. Ademais, proporciónalles as ferramentas necesarias, tanto a nivel de formación como de seguimento e coaching, para que estén á vangarda das solucións con máis futuro.

Libelium é unha Spin Off da Universidade de Zaragoza que se adicada ao deseño e implementación de solucións baseadas en conectividade inalámbrica distribuída e monitorización e control de datos do entorno. Dende a súa posta en marcha recibiu varios galardóns por parte de entidades públicas e privadas, sendo o máis importante deles o IDEA 2006, outorgado pola fundación Emprender en Aragón. O proxecto empresarial tamén conseguiu un dos premios Bancaja Jóvenes Emprendedores. Por outra parte, o Consejo Económico y Social de Aragón concedeulle o premio ao mellor proxecto de investigación de 2006 para o desenvolvemento dunha rede de detección de incendios forestais baseada en redes sensoriais.

–  A firma ferrolá TROPOSFERA está integrada por un equipo multi-disciplinar de profesionais da consultoría ambiental con máis de 15 anos de experiencia, tanto no sector público coma no privado. A súa vocación de servizo e interese polo Medio Ambiente son os piares sobre los que se asenta a súa actividade, respaldándose na capacidade técnica, o coñecemento e o rigor profesional.

– No Programa de Alianzas de Vodafone establécense acordos a medio e longo prazo con desenvolvedores, integradores e fabricantes, especialistas no desenvolvemento de solucións móbiles que interactúan coa súa rede. O obxectivo deste programa é dotar aos produtos que xa ofrece Vodafone dun valor engadido gracias a estas aplicacións e servizos, posibilitando que o seu uso mellore o día a día dos seus clientes, os desenvolva, potencie solucións innovadoras e que os diferencien respecto á súa competencia. Ao mesmo tempo, o Programa de Alianzas de Vodafone é unha nova oportunidade a todas las empresas que deseen comercializar aplicacións e servizos en mobilidade, facilitándolles un novo canle para promocionar os seus produtos, dotándolles ademais de funcionalidades específicas e novos entornos que enriquezan os seus desenvolvementos.

30 de agosto de 2013 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.