publicidade hoxe

Éxito rotundo de participación, tanto de ganderías como de público, na cita Xamoncab na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocalLocal Portada
A-
A+
Unha das probas de equitación

Unha das probas de equitación

O evento converteuse polo alto número de inscripcións, con 134 animais, no 3º mellor concurso morfo funcional do Campionato de España, solo por debaixo do prestixioso certame SICAB de Sevilla e do Campionato de Europa de Valencia.

En total participaron cerca de 500 animais. 134 exemplares no concurso morfo funcional, 200 nos concursos morfolóxicos, en doma clásica, outros premios especiais e cerca de 200 participantes máis na ruta cabalar.

Unha vez pechadas as inscricións o certame saldouse coa participación de 134 exemplares no concurso morfo funcional puntuable para o campionato de España organizado por ANCCE (Asociación Nacional de Criadores de Cabalos Españois), superando a participación do certame EQUIGAL que se celebra en Lugo durante o 1º fin de semana do mes de xuño e que xunto con este novo campionato se converte nos dous únicos salóns desta categoría que se celebran en Galicia.

O Presidente de ANCCE Don Javier Conde Cerrato, unha vez que obraban no seu poder todas as inscricións, informaba que o certame da Cañiza se converteu, de momento, no 3º concurso con maior número de inscricións só por debaixo do prestixioso salón SICAB que leva anos celebrándose en Sevilla e é un referente en toda España e o Campionato de Europa de Valencia.

Pero este Salón acolleu ademais do concurso morfo funcional, outros concursos nos que se inscribiron máis de 100 exemplares. Trátase dos concursos morfolóxicos e a 8ª Final COPA ACCEGA de Doma Clásica 2013 ademais dos premios especiais.

Na ruta cabalar que se celebrou o domingo 4 de agosto,a as 11:00 h. da mañá, participou un elevado número de exemplares, polo que o saldo de participación sumou case un total de 500 animais. Todo un éxito.

E tamén houbo espectáculos nocturnos e diúrnos. Dúas brillantes actuacións durante o fin de semana. Un o sábado 3 de agosto ás 22:00 horas a cargo do Grupo de Especialistas Hípica Celta que recrearon un Torneo Medieval.

E como colofón e peche deste Salón o domingo se clausuraró Xamoncab con outro espectáculo equestre a cargo do grupo vallesoletano Único Centauro que ofreceu a súa actuación “Magos da Equitación”.

6 de agosto de 2013 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.