publicidade hoxe

Excursión ao Parque Acuático de Cerceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPiñor
A-
A+
Excursión a Cerceda

Excursión a Cerceda

O vindeiro 29 de agosto levarase a cabo a Excursión ó Parque Acuático de Cerceda (A Coruña), unha das iniciativas máis demandadas no municipio e que se realiza tódolos veráns.  A idea é poder desfrutar de todo un día de ocio e diversión no parque, pero este ano tamén se pretende traballar cos rapaces un tema moi importante, a alimentación saudable e o consumo de peixe. Neste eido, e para complementar á excursión, ás 9:00h (previamente á saída para Cerceda) terá lugar o taller “Ponlle as pilas ó teu bocata”, da Consellería do Medio Rural e do Mar, no cal se trata de fomentar o consumo de peixe incentivando á realización de merendas alternativas, que empreguen a conserva de peixe como ingrediente fundamental.

Na actualidade, a vida estresante de moitas das familias fai que non haxa tempo para elaborarlles ós cativos unha boa merenda, e deste xeito poderán consumir peixe na merenda, con receitas que poden elaborar eles mesmos, sen precisar dos adultos. Será un taller moi divertido e no cal cada participante elaborará un bocata, que nos levaremos para o Parque Acuático. Esta actividade é gratuita.

Toda persoa interesada nesta excursión debe formalizar a inscrición en Servizos Sociais ata o 28 de agosto.

14 de agosto de 2013 | 20:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.