Esta semana rematan as actividades de verán dos Centros Cívicos cunha participación duns 700 escolares
O alcalde de Ourense, e a concelleira de Benestar Social, Marga Martín, visitaron esta mañá o último Centro Cívico que o Concello de Ourense vén de por en marcha, na localidade de Seixalbo. Na súa visita, saudaron aos nenos e nenas que participaron durante os meses de xullo e agosto nas actividades que organizou a Concellería de Benestar Social, e que esta semana chegan ao seu fin.
As propostas, que se ofreceron nos cinco centros cívicos da cidade (A Ponte, Colón, A Cuña, As Termas e Seixalbo), incluíron manualidades, contacontos, bailes, xogos e outras actividades de carácter formativo e lúdico, en horarios de 10:30 a 13 h, de luns a venres.
Neste verán, unha das novidades foi a instalación dun planetario móbil en A Cuña e A Ponte, no que os nenos e nenas puideron desfrutar de proxeccións de astronomía.
O total de inscricións nestas actividades foi de 318 nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria (cada un deles participou nun mínimo de dúas quincenas), e en grupos máximos de 25 rapaces.
A Ponte (Eulogio Gómez Franqueira, 43): 109
Colón (rúa Colón, 18): 73
As Termas (Praza 200): 44
Seixalbo (rúa Estreita, 1): 43
A Cuña (Doutor Peña Rey, 18): 49











