publicidade hoxe

Está aberto o prazo para solicitar axudas para compra de libros de texto e material escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

O Concello de Miño abriu o prazo de presentación de solicitudes para as axudas á compra de libros e material escolar para o que a casa do concello destinará unha partida de 6.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes comeza este mércores 28 de agosto e finaliza o próximo 13 de setembro.

Estas axudas esta destinadas ás ensinanzas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Para poder ter acceso a estas axudas será necesario, entre outras cuestións, estar empadroado e ter residencia efectiva no municipio de Miño, que os alumnos estean en idade escolar obrigatoria e matriculados nos centros de enseñanaza publica que lles corresponde por residencia, que a renda per cápita da unidade familiar do solicitantes non exceda de 7.500 euros, non ter débedas coa Facenda Municipal e non ter pendente de xustificación ningunha outra subvención concedida polo Concello.

Para unha maior información os interesados poden chamar aos teléfonos 981 782 659 e 981 784 405 ou dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello (Edificio municipal de Rabazal) nos que se encontra a área de Educación.

27 de agosto de 2013 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.