Está aberto o prazo de inscrición para participar no concurso de empanadas da Coruña
O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Empanadas. Unha cita que se celebrará o próximo 25 de agosto a partir das 11:00 horas no anfiteatro do parque de Santa Margarida, como unha das principais actividades da Romaxe, que tradicionalmente pecha os festas da cidade. Estas son as bases:
1ª.- Poderán tomar parte no concurso persoas físicas que non sexan profesionais de panadaría, pastelaría ou restauración e que, unha vez inscritos, presenten as empanadas elaboradas, o día 25 de agosto de 2013 de 11.00 a 12.00 horas, no anfiteatro do parque de Sta. Margarida.
A inscrición deberá realizarse nas oficinas do IMCE na Praza de Ourense (despacho Plaza de Ourense) en horario de 9.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas de luns a venres; e de 9.30 a 13.00 horas o sábado.
O prazo para a realización das inscricións finaliza o mércores 21 de agosto ás 13.00 horas.
2ª.- O xurado estará composto polo Alcalde da Coruña ou membro da Corporación Municipal en quen delegue, que será o presidente, e un mínimo de tres. Actuará de secretario o do Concello ou a persoa en quen delegue.
3ª.- O fallo do Xurado darase a coñecer unha vez finalice a degustación, por parte deste, das empanadas presentadas ao concurso.
4ª.- Establécense os seguintes premios:
Primeiro premio: 700 euros + trofeo.
Segundo premio: 300 euros + trofeo.
Terceiro premio 150 euros + trofeo.
Accésits de 25 euros.
Os accésits serán outorgados a aquelas empanadas que, segundo o Xurado, posúan unhas características de elaboración que as fagan dignas de tal distinción. Poderanse conceder ata un máximo de 114 accésits.
5ª.- O importe dos premios quedará suxeito ás retencións que a lexislación vixente estableza.
6ª.- A inscrición no Concurso levará implícitas a aceptación das presentes bases.











