Entrega de premios aos gañadores do Torneo de Tenis Concello de Ribadumia

Entrega de premios
O XV Torneo de Tenis Concello de Ribadumia rematou o domingo coa disputa das catro finais, logo de estar toda a semana xogando os partidos clasificatorios para a gran final.
A final disputada no pavillón de Ribadumia acudíu un gran número de aficionados para animar aos xogadores.
Logo de disputarse durante toda a xornada os distintos partidos os resultado foron os seguintes:
|
Categoría |
Subcampión |
Campión |
|
|
Xuvenil |
Miguel Juncal |
Vicente Oubiña |
|
|
Feminina |
Mª Jesús Trigo |
Rosana Ferreira |
|
|
Dobres |
Martin Meis Cristóbal Fernández |
Adrian Outón José Antonio Oroiz |
|
|
Senior |
Cristóbal Fernández |
Rubén Caldas |
|
Na entrega de premios estivo presente o concelleiro de Deportes Jorge Abal, quen destacou “o gran nivel dos xogadores que chegaron a final, así como de todos aqueles que participaron ao longo de toda a semana no torneo”.
A vista do éxito acadado un ano mais neste torneo, que xa vai pola edición número quince, a Concellería de Deportes seguirá ano tras ano apoiando este torneo, un clásico no calendario deportivo dos tenistas da nosa zona.











