publicidade hoxe

Dodro homenaxe aos seus veciños máis lonxevos na XIV Festa das Persoas Maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Ágape dos maiores

Ágape dos maiores

Onte 4 de agosto celebrouse en Dodro a XIV Festa das Persoas Maiores que en principio estaba programada para o 28 de xullo e que se aplazou con motivo do accidente ferroviario acaecido en Santiago de Compostela o pasado 24 de xullo.

O día comezou cunha misa cantada ás 12,30h na igrexa de San Xulián de Laiño. Xa no restaurante o equipo de goberno ao completo recibiu a todos os asistentes á festa e como xa ven sendo habitual nos últimos anos, fixose un recoñecemento á muller e ao home máis maiores que acudiron á festa que resultaron ser Dolores Franco Buela de Bexo e Gerardo Fernández Casal de Lestrobe. Ambos recibiron un detalle como recordo deste día.

O alcalde dou a benvida en nome de todo o equipo de goberno recoñecendo a gran labor e aportación dos nosos maiores e recordando aos que este ano xa non nos poideron acompañar.

Durante o xantar houbo unha actuación humorística e logo baile que se prolongou durante toda a tarde. Todos os veciños recibiron un agasallo como recordo deste día.

5 de agosto de 2013 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.