Dispositivo especial para a Batalla Pirotécnica
A Concellaría de Tráfico e Mobilidade preparou un dispositivo especial con motivo da celebración da Batalla Pirotécnica, prevista para mañá, mércores 14 de agosto.
A Batalla Pirotécnica inclúe os lumes artificiais, a partir das 23.00 horas, con DÚAS ZONAS DE DISPARO (na explanada das Escravas e no terreo dos Mariño) e os concertos de Despistaos ás 22.00 horas (antes da sesión pirotécnica) e, despois dos lumes, con Melocos, ás 23.30 horas, e Dover, ás 00.30 horas.
O Concello informa de que haberá dous cortes de tráfico: o primeiro, dende o tramo comprendido entre a glorieta de Esclavas e Modesta Goicouría, dende as 10.00 horas de mañá, mércores, ata as 8.00 horas do mércores 15 de agosto; e o segundo corte de tráfico, entre a glorieta avida de Hércules (Casa dos Peixes) e Glorieta de Curros Enríquez (fronte ao Hotel María Pita), entre as 22.30 horas e as 00.05 horas.
Os itinerarios alternativos propostos son os seguintes:
– Acceso a Monte Alto (condutores que proveñan da zona de Los Rosales): Manuel Murguía – Paseo de Rolda – avida da Habana – Alfredo Vicente – Praza de Pontevedra – San Andrés.
– Accesos a zona escolar/ Los Rosales, dende Paseo Marítimo: Modesta Goicouría – Juan Flórez – Médico Rodríguez – Fernando Macías – Avida da Habana/Val Inclán.
O Concello recomenda que para acceder á zona centro da cidade, opten por estes itinerarios:
– Rolda de Outeiro – avenida Arteixo – praza de Ourense.
– Rolda de Nelle – Santa Lucía/Castiñeiras – Alfonso Molina.











