Dispositivo especial de tráfico con motivo das Festas de Verán e o Rallye de Ferrol
A Policía Municipal de Ferrol informa sobre o Plan de Tráfico que se porá en marcha con motivo das Festas de San Ramón. A planificación ten en conta tanto a celebración da Semana Grande dos festexos de verán, do 23 ao 31 de agosto, como o desenvolvemento da 44 edición do Rallye de Ferrol, os vindeiros días 24 e 25.
Paseo da Mariña
Dende o día 19 de agosto ao 5 de setembro, instalarase a Feira de Atraccións no Paseo da Mariña, na zona comprendida entre a estrada Alta do Porto e a rúa San Francisco, polo que quedará cerrado ao tráfico rodado. O itinerario dos autobuses verase afectado polo corte temporal desviando a súa ruta cara a rúa Costa de Mella, onde se establecerá a súa parada (quedará anulada a parada do Paseo da Mariña); mentres que a parada de taxis será desprazada fronte ao edificio da Autoridade Portuaria. Así mesmo, durante este período de tempo quedará prohibido o estacionamento na rúa Espírito Santo, Paseo da Mariña e na zona de estacionamento da dársena de Curuxeiras.
Ademais, establécense os seguintes desvíos de entrada e saída da cidade:
Dende a FE-15 (AP-9) o tráfico descorrerá pola estrada Baixa do Porto desviándose cara a estrada Alta do Porto e dende esta cara as rúas Breogán ou Celso Emilio Ferreiro.
- Dende a rúa Irmandiños o tráfico será desviado cara a rúa San Francisco e dende esta cara as rúas Espartero, Breogán, estrada Alta do Porto e AP-9.
A Policía Municipal recomenda na medida do posible non acceder á zona do Porto en vehículos particulares pola escaseza de estacionamento útiles, xa que soamente estarán habilitados os existentes na estrada baixa do Porto, na zona do Baluarte.
Estrada baixa do Porto
O sábado 24 e o domingo 25, con motivo da 44 edición do Rallye de Ferrol, a estrada Baixa do Porto permanecerá pechada ao tráfico dende a Rotonda do Porto (FE-15), establecéndose os seguintes desvíos para o tráfico rodado de entrada á cidade:
Cara a estrada Alta do Porto e de aí cara as rúas Celso Emilio Ferreiro e Breogán.
- E cara a saída da FE-15 ao Raposeiro cara a estrada de Catabois.
Explanada exterior do Cuartel Sánchez Aguilera
O venres 23 e o sábado 24 terán lugar os concertos “Un día cualquiera” e o “Electrolatino Official Fest”, respectivamente, na explanada exterior do Cuartel de Sánchez Aguilera, polo que quedará prohibido o estacionamento en dita explanada dende a xornada de tarde de mañá domingo –debido a que este luns darán comezo os traballos de acondicionamento da parcela- ata as 00:00 horas do día 25. A Policía Municipal recomenda como zonas alternativas de estacionamento o barrio de Esteiro e o barrio de Recimil (en concreto, a rúa Ramón y Cajal).
Praza de Amboage
Os días 25, 26, 27 e 28 non se poderá estacionar nas rúas adxacentes á praza de Amboage. Aconséllase como lugares alternativos de estacionamento a explanada exterior do Cuartel de Sánchez Aguilera,o barrio de Esteiro e o barrio de Recimil (na rúa Ramón y Cajal).
Esteiro
O día 29 terá lugar a actuación da Orquestra Panorama na rúa Españoleto. Este evento fará necesario a prohibición do tráfico rodado e o estacionamento de vehículos no tramo de dita rúa comprendido entre a Avenida de Esteiro e a rúa Carlos III dende as 16:00 horas.
A partir das 22:00 horas e ata o remate do concerto se cortarán os accesos ás rúas que concorren á rúas Españoleto ao longo do tramo afectado (rúa Naturalista López Seoane e rúas San Roque e Ánimas).
A Policía Local recomenda como zonas de estacionamento alternativo a explanada exterior do Cuartel de Sánchez Aguilera; o cadro de Esteiro e a rúa Ramón y Cajal, en Recimil.











