Dispositivo especial con motivo da operación saída do mes de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá que dirixe Julio Flores, puxo en marcha un dispositivo especial con motivo da operación saída do mes de agosto. Durante o día de hoxe e os próximos dous días (xoves e venres), a Policía Local activou un operativo especial, que conta con 24 axentes na quenda de mañá e 18 na quenda de tarde; e que estará coordinado pola Sala de Pantallas, a través da cal se velará por garantir a seguridade e dar fluidez ao tráfico.

Un inspector supervisará en cada unha das quendas que os puntos de tráfico que se activen queden cubertos satisfactoriamente. Prestarase especial atención ás saídas da cidade pola avenida de Alfonso Molina e a avenida do Exército e os cruzamentos de Praza de Mina, Praza de Ourense, Praza da Palloza e Casa do Mar.

Prégase aos condutores que fagan caso das advertencias e alternativas que se indiquen nos paneis informativos de tráfico, en especial no da saída da avenida de Liñares Rivas.

1 de agosto de 2013 | 10:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.