Dispositivo de seguridade e mobilidade do Noroeste Pop Rock

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello, a través da Concellaría de Seguridade Cidadá e Mobilidade que dirixe Julio Flores, informa do dispositivo de seguridade e mobilidade que se poñerá en marcha os próximos dous días, 9 e 10 de agosto, con motivo do festival Noroeste Pop Rock. Participarán no dispositivo os seguintes Corpos de Seguridade e Servizos: Policía Local, SEIS, Protección Civil, Cruz Vermella e o Corpo Nacional de Policía.

Procederase a realizar cortes de tráfico na zona do Paseo Marítimo, dende a Glorieta das Escravas ata a rúa Modesta Goicouría. Os cortes comezarán o venres 9 ás 21.00 horas e o sábado 10, ás 20.00 horas, con previsión de apertura ao tráfico sobre as 04.00 horas. O Concello aconsella as seguintes alternativas:

– Os condutores que se despracen dende a zona de Monte Alto serán desviados pola rúa Modesta Goicouría en dirección a praza de Pontevedra, tendo como alternativa para desprazarse ao centro ou saída da cidade a rúa San Andrés ou preferiblemente a avenida da Mariña e Alférez Provisional.

– Aqueles condutores que entren na cidade pola avenida de Alfonso Molina (Liñares Rivas) ou avenida do Exército aconséllase a súa circulación polos Cantóns, avenida da Mariña, Alférez Provisional e San Andrés (esta vía como último recurso).

– A aqueles condutores que entren pola zona de Rolda de Outeiro ou avenida de Finisterre en dirección cara ao centro da cidade, aconséllaselles que circulen pola avenida de Finisterre ou pola avenida de Arteixo, estes últimos en dirección Juan Flórez e Liñares Rivas.

– Aqueles condutores que se dirixan ao centro dende a zona Glorieta Pavón (Rolda de Outeiro) e Os Rosales, ao estar cortado o Paseo Marítimo a partir da rotonda das Escravas, aconséllaselles a circulación pola avenida de Gregorio Hernández baixando Paseo de Rolda ata Alfredo Vicenti, ou ben desprazarse cara á avenida de Finisterre. Os condutores que veñan da avenida da Habana terán que dirixirse obrigatoriamente cara á vía superior da Praza de Portugal collendo logo cara a Alfredo Vicenti ou ben a avenida de Calvo Sotelo cara a Paseo das Pontes.

8 de agosto de 2013 | 20:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.