Día do Neno na festa do San Bartolo en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

Dentro do Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2013, mañá, venres 23 de agosto, teremos as seguintes actividades dentro do denominado DIA DO NENO:

10:00 HORAS: TALLER DE MANUALIDADES E RECICLAXE. Vaise desenvolver na Aula de Formación do Concello a partires das 10:00 horas. Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concello da Mariña Luguesa en colaboración co noso Concello, o taller está dirixido a nenos/as de idades entre 4 e 123 anos. Vai ser impartido pola monitora da Mancomunidade Mª Luz Pérez.

16:00 HORAS: ACTUACIÓN DO MAGO CHRYSTYAN MAGIC CO SEU ESPECTÁCULO “NA SENDA DA SERPE ALADA”. Este espectáculo de maxia, dirixido en especial a nenos/as, pero aberto a familias e a todo tipo de público, vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico. Esta actuación é a terceira e última incluída dentro do Programa  Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

17:00 HORAS: PARQUE INFANTIL DIVERNENO. Con moitos  xogos e inchables. Vaise desenvolver na Praza do Centro Cívico; en caso de choiva, que esperemos que non suceda, as atraccións do Parque instalaríanse dentro do Pavillón Municipal de Deportes, polo cal a  actividade está totalmente garantizada.

23 de agosto de 2013 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.