Desenvolverase un taller de orientación laboral a partires de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

Ortigueira será sede en outubro dunha das actividades formativas que desenvolverá a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no marco do programa “Activa 20132. A actividade concedida será un taller destinado a mellorar as condicións de empleabilidad dos mozos do municipio.

Ortigueira será, un ano máis, un dos municipios de Galicia incluídos neste programa autonómico de formación non regulada para menores de 30 anos, impulsado ao abeiro do Plan Estratéxico de Xuventude. Dado a importancia que para o goberno local teñen as políticas de promoción do emprego, dende a OMIX optouse por segundo ano consecutivo por solicitar a Xuventude a impartición dunha das actividades ofertadas en materia de orientación laboral.

Trátase dun taller monográfico teórico-práctico sobre a entrevista de traballo que, sen dúbida, constitúe unha parte moi importante no proceso selectivo de moitas empresas. Na sesión, ademais de informar os participantes acerca de como preparar e enfrontarse a unha entrevista deste tipo, abordaranse outro tipo de cuestións como as técnicas e as ferramentas que poden resultar útiles á hora de buscar un emprego.

Nos próximos días, e unha vez que se concrete o horario da actividade, a OMIX de Ortigueira abrirá o prazo para anotarse neste taller, previsto inicialmente para que se desenvolverá o próximo 21 de outubro.

27 de agosto de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.