“Descubrindo a túa forza vital”, un retiro de teoría e práctica en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPoio
A-
A+

Sábado 10 Agosto de 10.00 a 20.00 aprox.

Un retiro que combina teoría e práctica para reconectarnos coa enerxía divina dos budas e florecer no camiño espiritual.

Descrición do retiro

As enerxías dos cinco budas primordiais, arquetipos dos cinco chakras, rexen o macrocosmos e o microcosmos, xogando un papel vital en todos os aspectos da nosa vida. En cada un de nós, predomina unha destas enerxías determinando o noso enfoque persoal.
Durante este retiro veremos, como estas enerxías se manifestan en dous aspectos importantes do noso ser: a nosa vida interpersoal e a nosa práctica espiritual.

Na primeira parte analizaremos a influencia que exercen na nosa personalidade e como consecuencia, nas nosas relacións. Veremos os atributos das enerxías, os problemas, que causan ao levarse ao límite e como lograr un equilibrio. Estas ensinanzas e as súas prácticas relacionadas axudásennos a traballar coas emocións negativas e desenvolver a autoestima.

Na segunda parte enfocarémonos no camiño espiritual, vendo como aproveitar este coñecemento, dos iluminados, para o noso desenvolvemento espiritual. Comprobaremos o papel que xogan estás enerxías na creación e purificación do karma. Aprenderemos a meditar no amor e como xerar entusiasmo pola práctica de acordo á nosa enerxía predominante.

Este curso se impartido por Lama Rinchen Gyaltsen, mestre residente do Centro Internacional de Ensinanzas Budistas en Pedreguer, Alicante.

Normas do retiro

1.Este curso está aberto a todo o público sen ningún prerrequisitos.

2.Participantes deben asistir a todas as sesións.

3.La puntualidade é esencial para un retiro exitoso.

4.Se recomenda comida vexetariana, sen consumir bebidas alcohólicas ou outros intoxicantes.

5.Se permite gravacións de audio só para uso persoal.

6.Cada sesión combinase teoría/ensinanzas con períodos de practica/meditación.

7.Se recomenda un caderno para tomar notas.

Donativo: 33 € para sufragar os gastos do Lama e achega ao centro de Valencia.

Horarios do retiro

Sábado

10:00 sesión 1 introdución á mandala

11:30 descanso

12:00 sesión 2 as características das enerxías

14:00 comida

16:00 sesión 3 os temperamentos e as relacións

17:30 té

18:00 sesión 4 o equilibrio e o desenvolvemento do entusiasmo. Introduccion ao karma: como xorde e como se purifica o grande amor e o seu desenvolvemento a meditación.

Lugar do evento: Centro Cultural Xaime Illa – Raxó

Biografía do mestre instrutor

O Venerable Lama Rinchen Gyaltsen naceu en Uruguai de pais españois, con avós en Raxó. Educouse en Estados Unidos e recibiu a súa licenciatura na Universidade de Rutgers en arte e psicoloxía.

O seu interese pola meditación levouno a tomar cursos sobre o Budismo Tibetano. A profundidade e o pragmatismo das ensinanzas do Buda captaron o seu interese e en 1994 empezou os seus estudos con KhempoPemaWangdak en Nova York. A súa Eminencia ChogyeTrichenRimpoché, un dos mestres máis distinguidos no Budismo Tibetano, ordenoulle como monxe no 2003 en Lumbini e concedeulle o nome Tibetano de NgawangLeksheRinchenGyaltsen (Poder do Verbo, Proverbio, Xoia, Insignia). Lama Rinchen logo viaxou extensamente pola India, Nepal e Tibet estudando e realizando retiros en varios mosteiros.

Ao inicio do 2005, Lama Rinchen estudou por sete anos filosofía budista na Academia Internacional do Budismo en Katmandu, Nepal, baixo a dirección de KhempoNgawangJorden e KhempoJamyangTenzin. Tamén recibiu ensinanzas de grandes mestres como Su Santidad o Dalai Lama, Su Santidad o SakyaTrizin, Su Eminencia LudingKhenchenRimpoché e outros mestres da orde Sakya del Budismo Tibetano.
No 2011, Lama Rinchen continúo a súa formación meditativa cunha serie de retiros baixo a dirección do seu mestre raíz, Su Santidad o SakyaTrizin, no seu centro de retiro en Derahdun, India. Ao completar exitosamente os retiros, Su Santidad outorgoulle o título de VajraAcharya ou Mestre Tántrico e desígnoo como o Lama residente do Centro Internacional de Ensinanzas Budistas en Pedreguer, España.

Hoxe en día, Lama RinchenGyaltsen ensina a práctica da meditación e filosofía budista en España e viaxa periodicamente a Estados Unidos e América do sur para impartir cursos.

7 de agosto de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.