Curso de Prevención de Riscos Laborais no sector da construción no Concello de Frandes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Frades organiza un curso de Prevención de Riscos Laborais no Sector da Construción, que terá lugar os días 5, 6, 19 e 20 de setembro. Trátase dun curso homologado pola Fundación Laboral da Construción, polo que os alumnos e alumnas que o cursen poderán solicitar a Tarxeta Profesional da Construción.

Este curso formativo terá unha duración de 60 horas, repartidas en catro días: xoves 5 e venres 6 de setembro; e xoves 19 e venres 20 de setembro. As clases impartiranse no multiusos de Frades, en horario de 16:00 a 21:00 horas. O custe da matrícula é de 90 euros, que pode formalizarse ata finais de agosto nas oficinas do Concello de Frades ou no teléfono 981 69 55 67.

Durante esas 60 horas formativas, os alumnos coñecerán conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, así como os riscos xerais do traballo e o xeito de prevenilos. Tras esta primeira introdución, os cursillistas adentraranse nos riscos especiais do sector da construción, en como prevenilos e aprenderán a xestionar a prevención de riscos. O programa inclúe tamén unhas pequenas nocións sobre primeiros auxilios.

16 de agosto de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.