Curso de iniciación á informática para setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal
A-
A+

O Concello de Brión convoca un curso formativo de iniciación á informática que terá lugar na Aula CEMIT durante o próximo mes de setembro. Un curso de 20 horas de duración nos que os alumnos e alumnas recibirán as nocións básicas no manexo do sistema operativo Windows: utilización do escritorio e da barra de tarefas, como mover unha xanela, como instalar/desinstalar aplicacións, como protexerse contra os virus…

O Concello de Brión oferta un total de 24 prazas, repartidas en dous grupos de 12 alumnos que terán clases os luns e mércores ou os martes e xoves. O horario é o mesmo para ambos grupos: de 20:00 a 22:00 horas. O Concello lembra que é preciso a inscrición dun mínimo de 10 persoas para a celebración do curso.

O prezo é de 30 euros e o prazo de inscrición remata o 30 de agosto.

Os veciños interesados en participar neste curso de iniciación á informática deberán anotarse antes do 30 de agosto na Casa da Cultura de Brión, no teléfono 981 50 99 08 ou a través do mail: voluntariado@briondixital.org. O curso está aberto ao público en xeral, se ben terán preferencia os veciños e veciñas de Brión.

21 de agosto de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.