publicidade hoxe

Culleredo recupera o paseo fluvial do Mero a o seu paso por Almeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O goberno de Culleredo levará a cabo un proxecto de recuperación do paseo fluvial do río Mero ao seu paso pola parroquia de Almeiras. A senda se encontraba intransitable, ao estar invadida pola maleza, polo que o Concello decidiu asumir o mantemento e acondicionala para o uso veciñal.

O Concello acaba de executar unha primeira fase desta actuación coa roza inicial do ámbito do paseo. Agora xa resulta accesible pero é aínda necesaria unha segunda fase do proxecto que acondicione a ruta para garantir a mobilidade por parte dos usuarios.

Será nunha superficie de 28.300 metros cadrados que ten o paseo do Mero polo lado de Culleredo onde se leve a cabo a recuperación. A senda discorre dende as proximidades do antigo soar de Bunge ata a estación de tratamento de auga da Telva, en paralelo ao río Mero.

Esta primeira fase da actuación xa puxo á vista o mobiliario urbano que acompaña ao paseo, con mesas e bancos de madeira. Así mesmo, existen dúas pontes peonís que conectan os paseos das dúas beiras do curso fluvial.

O goberno municipal emprenderá o acondicionamento do paseo para poñer a disposición dos veciños un recurso natural cos que conta o municipio. Trátase dunha senda idónea para camiñar, correr ou circular en bicicleta.

Unha vez recuperada, o Concello de Culleredo efectuará un mantemento periódico da ruta, que será incluída dentro das zonas verdes que debe coidar a empresa concesionaria dos traballos. Así, o paseo fluvial de Almeiras unirase a espazos como o paseo marítimo do Burgo ou o paseo do río Trabe como puntos verdes preparados para o desfrute dos cidadáns cullerdenses.

10 de agosto de 2013 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.