Covas, O Milladoiro e Tapia estarán de festa esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal
A-
A+

Ames preparase para celebrar tres festas nesta fin de semana no Milladoiro, Tapia e Covas. A festividade na honra de Santa María Madalena no Milladoiro terá no domingo, 4 de agosto, o seu día grande coa conmemoración do 150 aniversario do traslado da data da procesión ao primeiro domingo de agosto. Pola súa banda, a parroquia de Covas festexará o Santo Estevo os días 2, 3 e 4 de agosto. Por último, a parroquia de Tapia honrará ao San Roque e ao Sacramento o sábado e o domingo.

A Confraría da Madalena festexará este ano o 150 aniversario da recuperación da procesión do Rosario da Madalena e do cambio de data de dito evento do 22 de xullo ao primeiro domingo de agosto. A procesión sairá ás 12:30 horas do inicio do núcleo do Milladoiro, na Avenida Rosalía de Castro á altura de Mobles Compostela, e percorrerá a avenida ata a intersección coa rúa da Madalena e seguidamente continuará ata a capela. Ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne. As celebracións continuarán o luns, 5 de agosto, ás 21:00 horas cunha nova misa solemne e coa procesión de recollida da Madalena.

En Covas, as festas comezarán mañá venres, 2 de agosto, cunha misa na honra de Santo Estevo, que se celebrará ás 20:00 horas. Na xornada do sábado, a misa será ás 13:00 horas na honra a Santo Antonio. Pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Cánada e do DJ Manú López. O domingo, a festa comezará ás 12:30 horas cunha misa na honra da Virxe do Carme. Seguidamente, terá lugar a sesión vermú, que correrá a cargo da orquestra Anduriña, que tamén se encargará de amenizar a verbena.

En Tapia, as festas comezarán o sábado, 3 de agosto, cunha misa solemne ás 13:00 horas na honra a San Roque. Na xornada do domingo, a misa solemne será ás 13:15 horas na honra ao Sacramento. Tras a misa, os veciños e veciñas poderán g da actuación do grupo de gaitas os Castros.

2 de agosto de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.