publicidade hoxe

Cotobade pon en marcha o curso de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+
Participantes no curso

Participantes no curso

O Concello de Cotobade puxo en marcha o curso AFD “Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes”, no cal se están a formar 15 persoas desempregadas.

Este curso que conta cunha duración de 348 h. (ata o 14 de novembro) os alumnos adquirirán os coñecementos teóricos e prácticos, para a mellora da súa empregabilidade, nos seguintes módulos formativos:

– Operacións de desbroce.

– Operacións auxiliares en repoboacións e infraestruturas forestais.

– Operacións básicas en tratamentos silvícolas.

– Operacións auxiliares no control de axentes causantes de pragas e enfermedades nas plantas forestais.

– Básico de prevención de riscos laborais.

– Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero.

– Formación para a igualdade.

Para a realización dos contidos prácticos o Concello de Cotobade conta coa colaboración coa CC.MM de Rebordelo, a cal puxo a disposición dos alumnos o entorno do lugar de As Extremas onde os 15 alumnos realizarán as prácticas do curso.

9 de agosto de 2013 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.