Cotobade executa o bando de limpeza de fincas
O Concello de Cotobade está executando o bando de limpeza de fincas en virtude do cal e segundo a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais “As persoas propietarias, arrendatarias e usufructuarias de terrenos forestais e das zonas de influencia forestal, así como titulares o concesionarias de infraestructuras públicas ubicadas nos mesmos, teñen a obriga de mantelos en condicións que contribúan a previr ou evitar os incendios forestais, respetando especialmente as relativas á xestión da biomasa vexetal e as disposicións referentes ás especies que se contemplan na disposición adicional terceira da presente ley.”
Para ordenar levar a cabo as anteditas actuacións o artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, en caso de incumprimento de xestión da biomasa habilita ás entidades locais a notificar “de oficio ou por instancia de parte, ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa vexetal, advertíndoas da posibilidade de execución subsidiaria no caso de incumprimento e sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda e da aplicación de multas coercitivas, se é o caso.
A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia dalle a potestade ao Concello en caso de incumprimento de impor multas coercitivas cuxa cuantía pode variar entre o 300 € e 6.000 €, ainda que o Concello ordinariamente imporá multas de 1.000 € para logra-la execución.
A brigada de cinco compoñentes para a prevención e defensa contra incendios forestais xa está en funcionamento tendo a súa base establecida no lugar de Cuspedriños, na parroquia de S. Xurxo de Sacos encargados das labores de prevención e defensa contra incendios así como da realización das actuacións e materia de prevención de incendios forestais en faixas de xestión de biomasa, nos terreos forestais de titularidade municipal así como en vías e camiños forestais de titularidade municipal.











