Cotobade convertirase na capital do folclore da provincia de Pontevedra

Presentación do certame
Diversos actos de exaltación do folclore terán lugar no fin de semana do 03 de agosto en Cotobade.
O Concello, da coñecer as actividades que se desenvolverán o sábado día 03 de agosto, por iniciativas populares en prol da difusión do folclore tanto o galego como o de outros países.
Coincidindo coa Romeria do San Xusto o día 03 de agosto terá lugar o primiero seran da carballeira.
Está organizado por un grupo de mozos e mozas da parroquia de San Xurxo de Sacos, en colaboración con Dionisio Abal, no que se pretende recuperar a Romaría de antaño, tal e como se facía antes.
Neste serán participaran mais de 30 grupos que chegarán de toda Galicia, que aínda se poden inscribir ata o último momento na Carballeira.
O serán consiste en que cada grupo fai unha actuación amosando o seu saber facer aos asisitentes, promovendo o intercambio e o disfrute dunha xornada de festa.
Terán lugar as actuacións coas diferentes modalidades: pandereteiras, cantareiras, gaiteiros, folk, cuartetos, zamfoñas, arcodeóns,….
O recinto contará con carpa e zona de acampada, para que a festa non remate , e haberá servizo de comida: polbo, churrasco,… para que se manteñan as forzas.
Dentro desta xornada lúdica tamén amosarán o seu saber facer os artesáns contando cun espazo para expoñer e vender os seus produtos.
Tamén o día 03 no IES de Cotobade, a Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio, levarán a cabo o X Certame folclórico Internaciónal, onde actuarán:
– Folk Dance Group Bihab de Estabul (Turquia)
– Jallmay Alto Folclor de Lima (Perú)
E o grupo anfitrión Os Trazantes de Tenorio , será as 17:30 horas











