publicidade hoxe

Cotobade abre a festividade de San Roque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

Diferentes actuacions, actividades e animación terán lugar durante a semana cultural.

O Concello, da coñecer as actividades que se desenvolverán durante a semana cultural co motivo da celebración do San Roque.

O sábado día 17 de agosto terá lugar o seguinte programa de actividades FESTA DA BICI

A Festa da Bicicleta terá lugar ás 10:30 horas.

As inscricións realizaranse na saida, para poder participar hai que ser maior de 7 anos e levar bicicleta e casco. Faremos o seguinte recorrido, duns 10 kilómetros aproximadamente:

Saída  Casa do Concello, A Cuqueira PO-233 A Cuqueira –  Paraños – Po-232, Paraños- As Extremas (Rebordelo)- Po- 233, Rebordelo- A Chan (Carballedo) EP 403.

Os participantes entrarán no sorteo de agasallos e tamén teremos mención para:

O participante de máis idade, a bici máis orixinal, a  familia máis numerosa.

Tamén na praza do Concello, durante o recorrido da Festa da Bicicleta, contaremos con:

Circuíto para medianos, recorrido con conos e obstáculos para as bicis con  e sen patíns, e con e sen pedais. Este circuito tamén o poden facer patíns e patinetes. So tes que acordarte de traelos Circuíto para pequenos Circuíto vallado Comezarán a funcionar ao redor das 11:00 da maña.

DIA DO NENO

Deslizador de auga (se fai bo tempo), inchables, tobogáns..  desde as 12:30h ata a 13:30h.

Pola tarde desde as 16:00h ata as 19:00h Ás 19:00h baila na praza con Kepa E As 20:00h FESTA DA ESCUMA SEGUIDAMENTE….

Na praza Chan, celebrarase o II Certame Folclórico, organizado polo grupo CATRO VENTOS.

Actuarán:

Rancho Folclórico da Asociaçao  Cultural e Recreativa de S. Martinho – Portugal

Catro Ventos

Grupo de Danza “Amor Ruibal” de Barro

Airiños da Lazanda  de Sanxenxo

Disfrutaremos dun serán de músicapara todos os públicos.

O día 18 e 19 son as Festas organizadas polas veciños Seguidamente o día 20 de agosto terá lugar o  Obradoiro de astronomía ,  para un grupo máximo de 30 rapaces no Multiusos ás 17:00 (necesaria inscrición previa) O dia 21 de agosto comprobaremos os nosos coñecemento coa Visita ao Observatorio, actividade dirixida a toda  a familia que terá lugar na Poza, onde se atopa o observatorio ás 21:00 (necesaria inscrición) O día 22 de agosto haberá unha xornada de recuperación de Xogos Populares, dirixidos a toda a familia na praza Chan ás 19:00 para toda a familia, onde non é necesario inscribirse con anterioridade.

Continuamos coa programación o día 26 de agosto onde proxectaremos na praza do Multiusos a película Tadeo Jones ás 21:30.

Remataremos o día 27 de agosto con Teatro de sombras tamén na praza do Multiusos coa obra O Canon de Pau ás 21:30.

16 de agosto de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.