Costas e o Concello de Neda acondicionarán a senda de madeira do Paseo Marítimo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda informou esta mañá do inicio das obras de acondicionamento da senda de madeira do Paseo Marítimo. Uns traballos que arrancarán a próxima semana e que obrigarán a restrinxir o paso en determinadas zonas. É por isto que o Concello quere pedir desculpas de antemán aos veciños polas molestias que a actuación lles poida ocasionar. Fundamentalmente, a intervención consistirá na reposición das tablillas en mal estado, evitando así situacións de risco para os viandantes.

Nesta liña, Concello e Demarcación de Costas asumirán conxuntamente os traballos, que esperan concluír á maior brevidade posible. A Concellería de Obras de Neda tamén avanza que, ao remate, levaránse a cabo tarefas de desbroce en todo o entorno.

2 de agosto de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.