Control da fauna salvaxe e minimizar os danos ás explotación do xabarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+

Na xuntanza programouse un vindeiro encontro entre o Concello, os membros da sociedade de Caza e Pesca e as cooperativas da zona co fin de decidir aqueles puntos onde sería máis importante levar a cabo as acción de control do número dos animais que están a causar danos.

Reunión para minimizar os danos da fauna salvaxe

Reunión para minimizar os danos da fauna salvaxe

O concelleiro de Actividade Agraria, Manuel Fernández, mantivo unha xuntanza co presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, José Luis Gil, e con membros desta sociedade relacionados coa caza maior, para abordar as medidas a tomar para controlar os danos que están a causar a fauna salvaxe, principalmente o xabarín.

Fernández explicou que “os membros da sociedade se amosaron en todo momento moi receptivos as peticións que fixemos dende o departamento de Actividade Agraria para minimizar os danos que poidan causar os xabaríns e que xa estiveron a causar danos en diversos puntos do Concello de Lalín”.

Dende a sociedade de caza comunicaron ao rexedor que “a campaña de apertura da veda do xabarín ábrese o vindeiro 7 de setembro, en pouco máis de tres semanas, unhas datas, as primeiras de setembro para as que se poderían organizar as primeiras batidas nas que controlar o número de animais, de xeito especial onde se contemplan o maior número de danos”.

Na xuntanza tamén se programou “un vindeiro encontro entre o Concello, os membros da sociedade de Caza e Pesca e as cooperativas da zona co fin de decidir aqueles puntos onde sería máis importante levar a cabo as acción de control do número dos animais que están a causar danos”.

14 de agosto de 2013 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.