Contratación do alumeado para as festas do San Froilán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou a apertura do procedemento para a contratación da subministración e instalación do alumeado ornamental das festas do San Froilán 2013. Desta maneira, entre o 4 e o 12 de outubro, preto de 60 rúas e prazas da cidade terán 239 arcos de iluminación. O prezo de licitación deste contrato é de 27.727,45 euros ive incluido. Álvarez sinalou que se esixe que esta iluminación ornamental esté composta por tecnoloxía LED de baixo consumo co que se consegue un importante aforro enerxético.

Finalmente, outro dos asuntos acordados, foi deixar sen efecto un acordo anterior no que, a súa vez, se deixaba sen efecto a autorización concedida o 28 de setembro de 2011 para a ocupación do caldeiro nº 2 para as Festas de San Froilán xa que a empresa que ten a concesión fixo o pagamento das taxas correspondentes á ocupación de dominio público 2013.

14 de agosto de 2013 | 21:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.