Continuan as visitas guiadas ao Pazo Conde de Gondomar
Dada a gran acollida que están tendo as visitas guiadas ao Pazo Conde de Gondomar, a Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar, que dirixe Paula Bouzós, continúa coa súa programación para todos os martes e xoves de agosto.
O punto de encontro será a Oficina de Turismo de Gondomar, ás 17.15 horas. Dende alí, os asistentes partirán cara ao Pazo onde poderán descubrir a arquitectura, natureza, historia e demais encantos desta construción, tamén coñecida como a fortaleza de Gondomar e declarada como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.
O prezo por persoa será de 3 euros. Máis información e reserva de prazas na oficina de turismo do municipio ou no teléfono 986 389 194











