Concerto de zanfona e arpa na igrexa románica de Pesqueiras en Chantada
A igrexa románica de Pesqueiras acolle o domingo 11 de agosto, ás 18.00 h. da tarde cun programa no que se inclúe un concerto de zanfona e arpa, a cargo de Víctor Soto e Quico Comesaña, respectivamente.
Así mesmo celebrarase tamén a presentación do libro “As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras” por Flora Enríquez, e a lectura de poemas a cargo de Olga Porral e Francisco José Ruíz Aldereguía ao que seguirá a misa.
Actuarán Mini e Mero do grupo musical “A Quenlla” e O Trícole.