Complétanse as tarefas de saneamento no lugar de Vilaverde, en Mourente
A empresa E. C. Casas será a encargada de acometer as obras de saneamento no lugar de Vilaverde, en Mourente, por 118.056,60 euros. A mesa de contratación propuxo á esta constructora na reunión que mantivo esta mesma semana.
O proxecto permitirá completar o saneamento de Vilaverde, que estaba parcialmente executado, e tamén se aproveitará para solucionar un
problema de pluviais ao canalizar as augas da chuvia e tamén reurbanizar a contorna.
O orzamento supera os 100.000 euros e a obra ten un prazo de execución de 2 meses, dende que a empresa asine o contrato.
Ao respecto do saneamento da parroquia de Mourente, o concelleiro delegado da parroquia, Miguel Filgueira mantivo esta semana unha reunión con veciños de Pazos e Eiraos sobre o saneamento neste punto que está pendente de acometer.











