publicidade hoxe

Comezaron as obras da Segunda fase do alcantarillado de Refoxos por un valor de 591.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegadaLocal
A-
A+

Recentemente deron comenzo as obras da II Fase do Alcantarillado de Refoxos (Cortegada), que supón unha inversión de 591.000 euros. Con esta obra, o Concello cubre o 95% do seu servizo de saneamento. A obra foi adxudicada pola Xunta de Galicia á empresa Hordescon.

Así, cúmprese un dos obxectivos do actual equipo de goberno; xa que, xunto coa execución da primeira fase (700.000 euros), a parroquia de Refoxos queda prácticamente cuberta no referente ao saneamento.

14 de agosto de 2013 | 21:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.