Comezaron as festas de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOrdes
A-
A+
Procesión Santa María de Ordes

Procesión Santa María de Ordes

Máis de 5.000 persoas ocuparon onte a vila de Ordes para darlle a benvida as súas festas patronais, que oficialmente arrancaron ás 22 horas co lanzamento do chupinazo dende o remodelado Concello vello. Un momento que contou coa presenza do concelleiro Ramón Vázquez Raña que en todo momento estivo pendento de que todo saíse como estaba programado nun principio.

Pero aínda houbo que esperar arredor dunha hora máis para que a celebración e festa propiamente dita dese comenzo. Nesta ocasión os encargados de facelo foron os integrantes da orquestra Sintonía de Vigo, que fixeron bailar e moverse aos veciños, veciñas e visitantes que abarrotaron a Avenida Alfonso Senra, a Alemeda de Ordes, ademais das rúas adxacentes. Pasada a 1 da madrugada chegou o momento máis esperado, o escenario da orquestra Panorama comenzaba a iluminarse e os berros dos seus fans máis incondicionais non paraban de oírse. Entre eles non só xente nova, senón tamén moita xente maior e un sinfín de nenos aos que se lles permitiu deitarse moito máis tarde do habitual. A festa prolongouse ata altas horas da madrugada, pero tan só para algúns xa que unha vez baixado o telón o relevo foi collido polos bares, pubs, e discotecas do Campo da Feira.

No día de hoxe, o día grande da vila, a xornada arrancou coa misa solemne e a tradicional procesión pola Avenida Alfonso Senra, mentres que a Banda de Música de Arzúa marcaba o paso. Destacou a presenza do goberno local ao completo, encabezado pola figura do seu alcalde Manuel Regos. Un ano máis non deixaron de rendirlle tributo a súa patroa e de desfrutar destes día na compaña dos habitantes de Ordes. Non foron os únicos xa que centenares de veciños e veciñas acudiron tamén ao templo, algúns deles coa ilusión engadina de poder ver como algún dos seus cativos tomaba a Primeira Comunión. Precisamente a eles tamén lles tocou un papel protagonista nesta xornada tanto dentro como fóra do templo abríndolle paso á Virxen María.

Se a noite anterior habería que calificala de éxito rotundo non hai que dicir menos da sesión vermú, a cal correu a cargo da orquestra Miramar. As terrazas dos bares mostraron un cheo absoluto, en gran medida polas excelentes condicións meteorolóxicas que se deron. Xa para esta noite tocaralle o turno novamente á Miramar, que estará acompañadas pola Armonía Show.

E así suma e segue durante outros dous días máis, ata que as festas de Ordes finalicen. Pero ata entón aínda se poderá desfrutar de atraccións, música tradicional, de grupos como París de Noia, Bahía Blanca, Magos de España, así como da estrela local Tania Veiras.

15 de agosto de 2013 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.