Comezan os preparativos da 6ª Xira do Veciño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

Tras a boa acollida dos veráns anteriores, as concellarías de Benestar Social e Participación preparan xa a “6ª Xira do veciño”. A proposta aspira a reunir o próximo 31 de agosto, na Área recreativa da Isla de Mera, a residentes de todas as parroquias do municipio nunha xornada de convivencia interxeracional e de festa.

O departamento repetirá por sexto ano esta iniciativa lúdica que pretende poñer o broche de ouro ao verán, recuperando o espírito das tradicionais xiras das aldeas. Trátase ademais de fomentar o contacto entre conveciños de todas as idades e procedentes das 22 parroquias.

Como nas edicións precedentes, haberá unha sardiñada popular gratuíta ao mediodía e, posteriormente, competicións de xogos para os máis pequenos da casa e animación musical configurarán a oferta festiva.

Os departamentos de Benestar Social e Participación buscarán a colaboración de alcaldes de barrio e asociacións para conseguir que familias de todo o territorio municipal acudan coas súas comidas e merendas a este espazo natural, situado na parroquia de Santiago de Mera, xunto ao río.

13 de agosto de 2013 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.