publicidade hoxe

Comezan as obras da Estrada San Xiao -Portomarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugoO PáramoPortomarínProvincias
A-
A+
Tramo da estrada San Xiao-Portomarín

Tramo da estrada San Xiao-Portomarín

A Deputación de Lugo comezou esta maña coas obras de acondicionamento e mellora de dous treitos da estrada que une O Páramo e Portomarín. Estas obras xa estaban previstas para estas datas no plan que a institución provincial presentou o pasado mes de xuño. O Deputado de Obras e Vías, Manuel Martínez, critica a postura do alcalde de O Páramo afirmando que “esíxelle a Deputación que comece coas obras máis non fala das responsabilidades da Xunta sobre o tramo que lle pertence”.

O traxecto que une O Páramo e Portomarín divídese en tres partes ben diferenciadas. Dous destes tramos son de titularidade provincial e o último correspóndelle á Xunta. Esta estrada posúe un grande desgaste polo paso de turismos e vehículos agrícolas polo que a Deputación xa acometeu obras de mellora en ocasións anteriores. Nos dous últimos anos acondicionáronse 5 quilómetros con aglomerado en quente, que precisa menos mantemento, e máis colocou a sinalización vertical e horizontal no trazado.

Deste xeito, melloráronse considerablemente as condicións do firme e aumentouse a seguridade para os vehículos que circulan entre Pobra de San Xiao ata A Feira do Páramo. O organismo provincial invertiu nas estradas máis de medio millón de euros nos últimos anos.

Mais a Deputación tamén se preocupa pola situación do tramo que lle pertence a Xunta, posto que se descoñece se o goberno da Xunta ten planeado algunha obra de acondicionamento no seu treito, que son 6.3 quilómetros que unen Cendoi con Portomarín. Logo de que os veciños amosaran a preocupación polo último tramo da estrada, a institución provincial envioulle un escrito oficial ó concello con data do 1 de xullo onde instaba a Xunta a acondicionalo e ofrecerlle a posibilidade de facer as obras conxuntamente e facer un traballo de calidade. A institución provincial non recibiu resposta algunha, polo que se descoñece se o alcalde de O Páramo lle remitiu a oferta a Xunta ou se esta declinou a oferta.

A Deputación insiste en que a Xunta ten paralizado o programa de transferencias das estradas provinciais. Unha das que propón a institución provincial é precisamente esta que une Portomarín, Páramo e Pobra de San Xiao, unha carretera que consideran que vertebra todo municipio de O Páramo. A Deputación Provincial de Lugo conta coa rede máis extensa de estradas de titularidade provincial, 4.200 kilómetros e lembra que o goberno autonómico da Xunta ten unha rede de algo máis de 5.000 kilómetros mentres que o seu orzamento para mantemento é 10 veces superior ó da Deputación.

14 de agosto de 2013 | 01:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.