Comeza o IV Mercado Marinero de Ortigueira
A Concellaría de Turismo e Cultura ultima os preparativos do “IV Mercado Mariñeiro de Ortigueira”. A cita, que arranca mañá pola tarde, terá o seu principal reclamo na degustación de produtos da ría do próximo domingo, cuxo pregón lerá o cociñeiro Miguel Ángel Eijo Cociña (Michel).
A apertura do xa tradicional zoco artesán, un dos piares da oferta, marcará, xunto á sesión de xogos tradicionais a cargo da ludoteca móbil de Xandobela o pistoletazo de saída da iniciativa turística, que se desenvolverá ata o domingo 18 de agosto no ámbito da Alameda e que incluirá durante estas xornadas propostas de ocio para todos os públicos.
Aínda que o eixe central do Mercado será, un ano máis, o xa tradicional xantar mariñeiro do domingo, unha cita gastronómica que pregoará que fose ata hai uns meses titular do restaurante do Club Náutico de Ortigueira, o cociñeiro Michel Eijo.
A lectura do pregón está prevista para a noite do sábado 17 de agosto, a partir das 22 horas, antes do inicio da reunión musical que contará, entre outros, coa bolerista cubana Jamila Purofilin.
Será o preludio da “comida mariñeira” que, nesta edición, incluirá no seu menú empanada de berberechos, mexillóns ao vapor, caldeirada de peixe, viño, requeixo e mel de Ortegal. Todo a un prezo aínda máis axustado que o pasado ano, 10 euros.
Gastronomía e turismo
O alcalde Rafael Girón apunta que o goberno local pretende coa organización do “Mercado Mariñeiro” non só axudar a promover os produtos locais de máxima calidade e o turismo da zona senón xerar beneficios para o tecido económico de Ortigueira no seu conxunto, fundamentalmente o sector hostaleiro.
A iniciativa, impulsada pola Concellaría de Turismo e Cultura e con notable éxito de público nas súas anteriores edicións, organízase coa colaboración de Mercados Arco da vella e a empresa Catering Ferrolterra, que xestionará directamente a comida de exaltación do marisco local.
AXENDA COMPLETA
Venres
18:00 horas- Apertura do Mercado Mariñeiro e ludoteca itinerante Xandobela.
21:30 horas- Nova función de “A vinganza de don Mendo” con Ultreia no Teatro
(a beneficio da Comisión de festas de Ortigueira 2014- 5 euros)
Sábado
Ao mediodía, aperturar do mercado de artesanía
18:00 horas- Novo circo: “Peter Punk” (Rede de dinamización lingüística)
22:00 horas- Pregón a cargo de Miguel Ángel Eijo Cociña
23.00 horas- Actuación de baile tradicional con Gamelas e Anduriñas.
23:30 horas- Actuación de Jamila Purofilin
Domingo
Ao mediodía, aperturar do mercado de artesanía
13:00 horas- Pasacalles e concerto da Banda de gaitas de Ladrido
14:00 horas- COMIDA MARIÑEIRA











