Comeza o curso de deseño do Portal Empresarial para a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

Xa deu comezo o curso de formación no que se creará o deseño do portal web para a Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros organizado pola Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, a través do Plan Urban, que conta co 80% de cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Este programa formativo está dirixido a persoas con especiais dificultades para o acceso ao mercado laboral e persoas que traballen ou teñan algunha relación familiar con titulares dos postos da Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros que van realizar comercio electrónico.

Sonia Méndez destacou que “as tecnoloxías web son un importante nicho de emprego para atopar traballo e a formación é fundamental polo que dende o Concello ofrecemenos esta actividade formativa para 18 persoas”. Ademais destacou unha novidade importante como é que a empresa que imparte o curso deberá contratar durante 3 meses a dúas persoas das que participaron para deseñar e elaborar a web da Praza e do Mercado

O curso ten unha duración de 100 horas, en horario de 16 a 21 horas, onde se estudarán contidos como formación específica para Técnicos de web, maquetación ou distribución comercial en vendas con tecnoloxías web.

5 de agosto de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.