Comeza en Sigüeiro a I Festa da Cultura Xuvenil de Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOroso
A-
A+

29082013-19A Festa da Cultura Xuvenil de Oroso é un proxecto levado a cabo polas Xuventudes Socialistas de Oroso, coa finalidade de ofrecerlles aos mozos e mozas do Concello de Oroso e arredores unha serie de actividades deportivas, culturais e de lecer, como continuación á Semana Cultural que organiza o Concello.

Contarán con actividades relacionadas coa cultura urbana á cargo de Vella Escola, unha asociación especializada na organización e difusión deste tipo de actividades.

Tamén contarán con exhibicións e clases abertas de actividades deportivas e intelectuais que levarán a cabo varios dos clubs e escolas deportivas de Oroso. Son, neste caso, Club Oroso Tenis de Mesa, Club Xadrez Oroso, Club Patín Oroso e a Escola Taekwon-Do ITF Oroso. Ademáis Waterman Galicia impartirá clases de Paddle Surf.

E durante toda a semana remataranse as xornadas con noites de cine para tótolos públicos.

Ademais  traerán varios concertos en directo para iniciar a I Festa da Cultura Xuvenil de Oroso. A empresa Animus, pola tarde, encargarase da festa para os máis pequenos. Pola noite, e para os máis grandes, teremos para tódolos gustos. Contaremos co grupo de rockVicky Polard, unha actuación de BeatBox a cargo do grupo De Buena Tinta, e para finalizar, Adrián López e David Expósito de Radio Líder, pincharán música para rematala noite.

Un proxecto que ten como finalidade acercar a cultura urbana e actividades deportivas ás xeracións máis novas do Concello de Oroso.

29 de agosto de 2013 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.