Clausura dos campamentos urbanos de verán que contaron con máis de 200 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+
Clausura do campamento de verán

Clausura do campamento de verán

A Concellaría de Educación clausurou esta mañá os Campamentos Urbanos de Verán que tivo lugar durante as catro quincenas do período estival (1ª Quincena: do 1 de xullo ao 15 de xullo de 2012, a 2ª Quincena: do 16 de xullo ao 31 de xullo de 2012, a 3ª Quincena: do 1 de agosto ao 14 de agosto de 2012 e a 4ª Quincena: do 19 de agosto ao 31 de agosto de 2012). Trátase dunha actividade que pretende axudar á conciliación da vida familiar e laboral co obxectivo de que os pequenos poidan seguir coa súa formación en época estival e os pais poidan acudir ao seu centro laboral coa garantía de que os seus fillos están atendidos coa máxima profesionalidade. A edil de Educación, María Jesús González Roel, desprazouse ata Os Campóns para entregar os diplomas aos escolares participantes. “Estes campamentos son moi importantes para que os escolares sigan coa súa formación en verán e para que os pais poidan desenvolver as súas xornadas laborais con normalidade”, destacou a edil popular.

Os campamentos están dirixidos aos alumnos de 2º ciclo de E. Infantil, toda E. Primaria e 1º da ESO (100 prazas, por quincena), e ademais, tamén están dirixidos ao alumnado do taller lúdico-cultural para nenos de Servizos Sociais do Concello de Cambre (8 prazas, por quincena).
Por outro lado, nesta ocasión destacaron as novas actividades dos Campamentos Urbanos nos que se desenvolverán actividades deportivas e culturais, así como talleres lúdicos en inglés.

30 de agosto de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.