Clausura das clases de reforzo educativo impartidas durante o verán
O alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín e a tenente de alcalde Marisol Boga, clausuraron hoxe as clases de reforzo educativo impartidas durante o verán no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, financiadas polo Concello e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Participaron ao redor de 20 adolescentes, que foron animados polo alcalde a facer un derradeiro esforzo co fin de aprobar os exames finais de setembro. Os alumnos recibiron un pequeno agasallo e un diploma conmemorativo.
Clausura da Escola de Verán
Por outra banda, coincidindo cos últimos días do verán, clausurouse hoxe á “Escola de verán de Dodro”, cunha xornada de diversión no pabellón do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.
Os familiares dos/das cativos/as, que se mostraron en todo momento moi satisfeitos, desfrutaron dunha actuación sorpresa na que os/as nenos/as interpretaron un conto con monicreques e varios bailes acompañados de coreografía e decorado.
Como peche da actividade, que este ano contou con máis de 50 participantes, e financiada polo Concello e pola Secretaría Xeral de Igualdade, todos/as os cativos/as recibiron un diploma entregado polo alcalde Valentín Alfonsín e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Marisol Boga.